Día Internacional das Reservas da Biosfera da UNESCO 2025

Día Internacional de las Reservas Día Internacional de las Reservas Nordic Walking Lugo

 

O 3 de novembro celébrase o Día Internacional das Reservas da Biosfera da UNESCO, unha data que pon en valor o papel destes territorios como espazos de equilibrio entre a conservación da natureza e o desenvolvemento sostible

Coincidindo coa celebración do Día Internacional das Reservas da Biosfera da UNESCO, celebrarase unha andaina con saída dende unha ubicación do Concello de Castroverde que percorrerá camiños e montes de catro dos concellos integrados na Reserva da Biosfera Terras do Miño: Castroverde, Pol, Castro de Rei e Lugo.

A saída realizarase ás 16:00 horas, sendo necesaria inscrición previa para participar na actividade antes do día 30 as 17 horas.

O itinerario, xa publicado hai uns meses na nosa web con motivo da mesma efeméride de 2024, tamén está dispoñible en Wikiloc, o portal de referencia para os amantes do sendeirismo e do ciclismo.

Nesta nova edición, o grupo de Nordic Walking Lugo estará nordikeando polos sendeiros dos catro concellos, saltando dun a outro en poucos quilómetros de distancia. O percorrido discorre entre montes baixos e pinares, que se mesturan con soutos e carballeiras, sumando pequenas tachuelas e subidiñas que recompensan coas vistas ao cordal dos Ancares, aos montes do Páramo e de Meira, e máis preto, aos montes de Castroverde coroando o Monciro.

Un roteiro que pon en valor o patrimonio natural e cultural das Terras do Miño, e que lembra a importancia das Reservas da Biosfera como espazos de equilibrio entre a conservación da natureza e o desenvolvemento sostible.

 Cederase bastóns de Nordic Walking os participantes.  A demanda está limita ata un máximo de 22 persoas é será de balde.

 

 

ACTIVIDADE  SUBVENCIONADA POR  LA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .  

 


Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño