na súa ampla extensión de 363.668,9 hectáreas. Abrangue 26 concellos da conca alta do río Miño e reúne unha grande diversidade de ambientes, desde humidais e bosques ata serras, vales e espazos de media montaña.
Entre eses espazos destaca a Serra de Meira, un longo cordal montañoso situado ao leste do concello de Meira, que se estende en dirección norte-sur ao longo duns 12 quilómetros e ocupa arredor de 4.500 hectáreas. A serra aséntase principalmente no territorio de Meira, aínda que tamén alcanza os concellos da Pastoriza, Riotorto, Ribeira de Piquín e Pol.
Trátase dun relevo de altitude moderada, cunha media próxima aos 800 metros, no que sobresae o Pico do Forno de Martín, o punto máis elevado, con 897 metros. Dende este alto natural, que funciona como magnífico miradoiro, poden contemplarse amplas panorámicas sobre a contorna.
A serra ofrece dúas vertentes ben diferenciadas: cara ao oeste, unha caída máis suave sobre Meira; e cara ao leste, unha face máis abrupta e recortada que descende cara ao val do Eo. Na vertente occidental predominan as matogueiras, os prados e as repoboacións forestais, mentres que na oriental se conservan mellores masas de bosque autóctono, o que reforza o seu valor ecolóxico e paisaxístico.
Ademais, a Serra de Meira está intimamente ligada á identidade hidrográfica de Galicia, xa que na súa ladeira occidental se atopa o Pedregal de Irimia, considerado o nacemento do río Miño. Este enclave singular é unha antiga morena glaciar, un río de pedras baixo o que xorde o manancial inicial do gran río galego. que da nome a a Reserva da Biosfera mais grande de Galicia.
Nos días claros, dende os seus altos ábrense amplas vistas sobre , O Monciro e, mesmo, cara á cidade de Lugo; cara ao leste, a Terra Chá esténdese ata Vilalba; e cara ao norte recórtanse as serras de Lorenzá, o Cordal de Neda, A Toxiza e O Xistral.
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .

Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño


