3 de novembro: Día Internacional das Reservas da Biosfera

3 de novembro: Día Internacional das Reservas da Biosfera


Hoxe, celebramos o Día Internacional das Reservas da Biosfera, unha ocasión para lembrar a riqueza natural e a responsabilidade que temos de coidar estes espazos únicos. Na provincia de Lugo, a Reserva da Biosfera Terras do Miño ofrécenos un privilexio: vivir rodeados de paisaxes intactas e biodiversidade pura.

No norte da reserva, o Xistral érguese como o seu punto máis alto, mentres que no centro, o Pradairo, cos seus 1.029 metros,
..O xistral representa o punto máis elevado deste macizo situado no norte da provincia de Lugo, entre a Terra Chá e o mar Cantábrico. A serra é coñecida pola súa néboa persistente, os hábitats de turbeiras e a súa importancia ecolóxica dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño e da Rede Natura 2000.
Para quen amamos subir montañas, hoxe a ascensión ten un encanto especial, pero tamén unha dificultade engadida: o terreo mollado e esvaradío esixe atención, paciencia e respecto pola montaña. Cada paso convértese nun pequeno acto de conexión coa natureza, unha maneira de valorar e protexer o entorno que nos rodea.

Subir non é só acadar unha cume, senón sentir a esencia da Reserva da Biosfera: a calma dos vales, a forza do vento nas alturas e a beleza dunha paisaxe que nos lembra que este privilexio é tamén a nosa obriga de coidar.

Seguimos nordiqueando, deixando ás costas o cordal do Marco, a piques de saír do Concello de Pol e entrar no Concello de Castro camiño de Castroverde.

Caminar tamén pode ser unha maneira de coidar.

ACTIVIDADE  SUBVENCIONADA POLA  Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .  

 


Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño

<